A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns que o Concello repartirá 3.000 bolsas no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Trátase de bolsas de papel reciclado de tamaño medio-grande que os tendeiros ofrecerán aos seus clientes para levarse a súa compra á casa, que busca promover e sensibilizar para mercar en galego, para mercar produtos autóctonos e para mercar en igualdade.
