O Concello repón os elementos deteriorados do parque infantil de Aviador Parga Cerezo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou os traballos de reparación dos xogos do parque infantil da praza Aviador Parga Cerezo que presentan algún tipo de deficiencia. Estas actuacións enmárcanse no plan de conservación e mantemento das 73 áreas de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade que desenvolve o Concello a través dunha empresa adxudicataria e cun orzamento anual próximo aos 70.000 euros.

A través deste contrato realízanse traballos de inspección, mantemento, reparación e substitución dos elementos e dos xogos infantís, limpeza das áreas de xogos, reparación e conservación das superficies, solos e pavimentos de seguridade, mantemento, reparación e pintado dos paneis e carteis indicativos e de información, así como peches perimetrais das áreas e dos elementos dos xogos infantís.

Coa realización destas actuacións, o Concello de Lugo mantén a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis pequenos, posto que, por mor do paso do tempo e das inclemencias meteorolóxicas, é necesario realizar un mantemento preventivo destas instalacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com