O Concello retoma os procesos selectivos en curso adiados pola declaración do Estado de Alarma

O Concello de Lugo retoma hoxe, 1 de xuño, os procesos selectivos que foran convocados con anterioridade ao 14 de marzo pola Institución local e que tiveron que adiarse como consecuencia da suspensión de prazos establecida durante o Estado de Alarma.

“A decisión obedece – sinalou a edil de Gobernanza – á obriga de darlle cumprimento ao Real Decreto 537/2020 polo que se establece a reanudación dos prazos de tramitación dos procedementos administrativos con relación aos expedientes de cobertura de prazas e provisión de postos de traballo que tiñamos iniciados”.

Paula Alvarellos referiu que os procesos que se viron afectados e que agora se reanudan son a cobertura de prazas de 2 oficiais, un/unha inspector/a principal e un/unha intendente (mediante anuncio no BOE nº 55 de 4 de marzo) que se atopaban na fase de presentación de instancias ao igual que a praza de Director/a da Banda de Música (mediante o anuncio no BOE nº 82 do 25 de marzo de 2020);  dous/dúas Educadores/as Sociais para a súa toma de posesión e os remitidos para a súa publicación no DOG co fin de cubrir o posto de Xefe/a de Servizo de Persoal.

A concelleira responsable da área económica subliñou tamén que, “para garantir unha maior seguridade xurídica e da concorrencia pública, ao igual que se fixo hai tres meses coa súa suspensión, tamén a reversión da medida se difundirá agora a través da páxina web municipal para contribuír á súa divulgación entre as persoas interesadas nas respectivas convocatorias”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com