O Concello revisará a situación dos tilos de Ramón Ferreiro

O Concello de Lugo vén de anunciar que revisará todos os Tilos de Ramón Ferreiro e realizará un informe pormenorizado para saber a situación na que se atopa todo o arboredo plantado tras a caída, onde, dunha árbore á altura do Gran Hotel.

A área de Medio Ambiente do Concello, dirixida polo edil Álvaro Santos Ramos, púxose en contacto cos propietarios dos turismos afectados pola caída do tilo e ofreceulle todas a colaboración institucional por parte da administración local para trámites de reclamacións e, mesmo, o arranxo dos automóbiles.

A pesares de que todo apunta a que se trata dun suceso puntual producido pola climatoloxía que se rexistrou onte, o Concello revisará a situación de cada árbore. Santos Ramos pediu á cidadanía que antes as malas condicións do tempo, extremen as precaucións. Asemade, o edil asegurou que o Concello non pode pechar as zonas verdes municipais mentres que a Xunta non decrete alerta meteorolóxica na cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com