O Concello saldará este mes de novembro a totalidade das extras realizadas polo persoal municipal

O Concello de Lugo liquidará na nómina de novembro o pago de tódalas horas extraordinarias realizadas polos traballadores municipais que ascenden a 302.000 euros.

“Trátase, dunha forma simbólica, de poñer o contador a cero, de saldar os pagos pendentes para que, de cara ao próximo exercicio, non teñamos ningunha carga procedente de anos anteriores. Unha medida que, xunto coa organización do persoal que xa puxemos en marcha – dentro das prioridades fixadas pola rexedora, Lara Méndez, ao inicio do mandato – nos permitirá, por unha banda, levar un control máis exhaustivo da xornada laboral e, pola outra, poder atender con inmediatez os pagos das novas horas que se xeneren, explicou a concelleira”.

Paula Alvarellos lembrou que nos últimos tres meses a área de Gobernanza deu importantes pasos “para mellorar a xestión dos distintos departamentos dunha forma integral con medidas – impulsadas dende a Alcaldía – que redundarán non só na eficiencia da organización interna senón tamén na eficacia dos servizos que se prestan á cidadanía”.

Neste senso, referiu a dixitalización da pegada dactilar de todos os traballadores municipais que, a partir do vindeiro ano terán que fichar, o reforzo do persoal en áreas que levan tempo saturadas por acumulación de tarefas así como a simplificación dos protocolos de tramitación que servirán para alixeirar os procedementos, diminuíndo a burocracia tanto para a administración como para o administrado. Ademais, temos varios procesos selectivos moi avanzados, entre eles as OPES dos últimos catro anos e agardamos poder contar proximamente cunha RPT que regularice de forma definitiva a situación do persoal do Concello”, explicou a edil.

Tamén relacionado con esta materia, esta mañá celebrábase unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que o executivo aprobou o nomeamento de Miguel López Palacios como novo Sarxento de Bombeiros como funcionario de carreira, así como unha proposta para a realización dunha Comisión de Servizos de carácter voluntario dun axente de Policía procedente do concello de Sant Antoni de Portmany que se incorporará ao Corpo lucense con efectos do próximo 1 de decembro.

Unha Comisión de Servizos que terá unha duración dun ano, prorrogable por outro, no caso de non terse cuberto o posto con carácter definitivo. De igual xeito, no encontro de hoxe acordouse iniciar a revisión de oficio, a instancias dun interesado, das bases específicas para o acceso en propiedade dunha praza de celador de colexio público pertencente ao cadro de persoal funcionario en quenda libre reservada a discapacitados, no relativo ás solicitudes de participantes no proceso que non reunían esa condición.

Novas relacionadas

  1. Reparando en todo
    Nov 24, 2019 - 09:41 AM

    Manda carallo!! Son moitas horas para tan pouco que se viu o traballo. Por eso largaron a Jefa de Personal? Para poder facer e desfacer . Son moitos cartos públicos para un Concello que por non facer non fai nin o horario normal de todo funcionario público. Como me decía un politico fai un ano, “estes non che queren a Rpt porque salen mellor así, e deixanse levar por catro listos que sacan tallada e o resto fan o que lles dicen”.
    O politico non estaba equivocado, tiña mais razón ca un santo, o que non sabia è l era que hoxe estes funcionarios cos cartos de todos se riron de nós, non fixeron horario, para que, iban pola tarde cubrir expediente , nadie controlou nada, manejaron po mais grande, …. esto debe ser denunciado. Levantar un reparo de interventor para dar sobresueldos è pouco menos que bochornoso. O interventor decia que non se xustificaba o traballo realizado ou que realmente se fixeran fora do horario laboral pero Lara Mendez se lo pasa polo forro dos zapatos o que diga o interventor.
    CIUDADANOS xa votou en contra de levantar algún reparo sobre todo de horas extras do lobyy da policia. Seguiràn mantendo a misma pistura?? O que non sabe Ciudadanos è que esas son horas de reforzos por causa de fuerza mayor, de caracter urxente e inaplazable.
    Hai outras que son horas estructurales, e é ahí donde está mayormente o problema. A ver que dice o Tribunal de Contas cando reciba todos os reparos levantados pola Alcaldesa de Lugo.

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 23, 2019 - 02:13 PM

    Menuda barbaridad!!!!

    Reply
  3. Jaime g
    Nov 23, 2019 - 10:51 AM

    El Psoe y Bng blanqueando sobresueldos como el PP y Ciudadanos blanquean a Vox.

    Reply
  4. Malas mañas
    Nov 23, 2019 - 10:31 AM

    Sobresueldos para algunos que en su horario de trabajo se dedicaron a boicotear la labor municipal y por la tarde hacían horas extras sin control. Viva la ley de Transparencia delPsoe.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com