O Concello de Lugo substituirá 22 placas de rúas deterioradas. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen adiantou que o subministro da sinalización será de dous tipos.
Por un lado, 6 placas de 48×30 centímetros, fabricadas en chapa de aluminio, fondo azul, texto en blanco e escudo a toda cor do Concello para situar en parede, e 16 de 60x35x6 centímetros, fabricadas en aluminio extrusionado, fondo azul, impresión a dúas caras, texto en blanco, escudo a toda cor e sustentadas con poste, tamén de aluminio. Para elo a entidade local invertirá 2.700 euros.
A brigada municipal será a encargada de colocar as placas, que irán situadas na Avenida de Magoi, esquina coa Estrada da Granxa, na rúa Vázquez Seijas, dúas na Estrada da Graxa -esquina con Avenida de Magoi-, na Praza de Augas Férreas, en Illa Formentera, na Ronda de Fingoi -esquina con rúa Estrelamar-, na rúa Vía Láctea, na Avenida Pablo Iglesias, Avenida Breogán -xunto ao número 36 e ao 49-, rúa Azucena, Mestre Méndez, Paz Parada Pumar, Bibiano Osorio Tafall, Roberto Novoa Santos e Nicolás Taboada Leal. Nestas catro últimas serán dúas en cada vial.
O principal obxetivo que se persigue con estes labores é o de manter en bo estado a sinalización, danada ou que perdeu as súas características, para facilitar tanto o tránsito pola cidade e a información ao cidadá, ao tempo que se mellora a imaxe de Lugo.