O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta hoxe do inicio dun plan de mellora nos pavimentos do casco histórico. “Queremos que a imaxe da cidade sexa na zona máis visitada sexa a mellor posible e o pavimento está bastante deteriorado, unha das cousas que máis chama a atención e deterioro do entorno das arquetas e tapas de sumidoiros”, explicou o edil.
As obras comezarán nestes días do mes de decembro e revisaranse máis de 200 tapas de arquetas. A intervención terá un orzamento total de máis de 46.000 euros segundo explicou o titular da área “tratase de mellorar a calidade de vida das persoas, e hai que lembrar a cantidade de queixas e denuncias que recibe o concello por persoas que sofren caídas ou tropezan nos bordes de moitas destas tapas”.
Dec 12, 2019 - 06:13 PM
@PEPELOPEOR @concellodelugo Boa nova @concellodelugo ,pq nalgunhas rúas está moi deteriorado. E de pa… https://t.co/xn7pXbNxuZ