O Concello ultima detalles organizativos e de seguridade para a Cabalgata de Reis

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con mandos da Policía Local e representantes de Protección Civil e do Parque Móbil avanzaron este martes nos detalles organizativos e de seguridade da tradicional Cabalgata de Reis, que arrincará ás 17:00 horas, dende o Parque da Milagrosa. Deste xeito, a entidade local deseñará un operativo de tráfico, extremará as precaucións e plantexará medidas de seguridade especiais ante a conglomeración de xente que esperta este desfile, que contara con 5 carrozas, as tres das Maxestades de Oriente e dous carruseis infantís, ademais de diferentes representacións teatrais e actuacións musicais.

Como novidade, as Maxestades realizarán paseo a pé pola rúa da Raíña ata a Casa Consistorial onde serán recibidos pola rexedora. Tras dirixirse aos visitantes congregados na Praza Maior, escoitarán as peticións dos máis cativos.

Este ano, a Praza de Santo Domingo, xunto coa Praza Maior, terá especial relevancia cun espectáculo sorpresa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com