O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, deu a coñecer hoxe os labores de limpeza que o Concello está a levar a cabo de novo no vertedoiro incontrolado do Carqueixo, nunha parcela de monte comunal, de titularidade municipal. Trátase de eliminar todos os residuos alí depositados e de levantar un noiro perimetral que impida o depósito de máis lixo, así como pechar as entradas para impedir a entrada de vehículos nesa parcela.
Así mesmo, está a acometer a limpeza doutros puntos na contorna, repartidos ao carón da estrada, onde existen resto de obras menores. Nesta liña, Daniel Piñeiro lembroulle á veciñanza que este tipo de restos se poden levar ao Punto Limpo, recordando que no caso de obras maiores, os promotores teñen a obriga de contratar un sistema de xestión de residuos.
O edil apelou á responsibildiade da cidadanía para xestionar adecuadamente os resiudos e non tiralos en calquera zona, “o que xera un problema medioambiental e un custo para toda a cidadanía” así como a velar por un Concello medioambientalmente sostible.