O Concello, xunto coas asociacións de recreación histórica, ofrece medio cento de actividades como antesala ao Arde Lucus

A conta atrás para o Arde Lvcvs, declarado recentemente Festa de Interese Turístico Nacional, xa está en marcha e, con ela, o inicio das actividades complementarias ao evento, como o Lvcvs Cvltvral, que presentou este martes no Vello Cárcere a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Nesta edición, o Concello, xunto coas asociacións de recreación histórica, ofrecen medio cento de actividades abertas e gratuítas, que terán lugar dende o día 22 de maio ao 28 de xuño, e que contemplan cine, encontros de moda, andainas, xogos romanos e castrexos, degustacións gastronómicas, obradoiros e conferencias así como concursos, exposicións ou desfiles de tropass.

Carmen Basadre sinalou que esta programación “é moi acaída para ir preparando o ambiente para o Arde Lvcvs”, que se celebrará o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo, e para coñecer a fondo a historia de Lugo.

O Lvcvs Cvltvral arrincará con obradoiros de barro e mandalas, na Praza Viana do Castelo, e con Xogos Romanos, na Praza do Castiñeiro, de 5 a 8 da tarde, o día 22 de abril. Neste mesmo mes, o día 29, a Praza de Augas Férreas acollerá Xogos Castrexos, no mesmo horario.

Xa no mes de maio, terá lugar a ruta pola Vía XIX Romana, dende Santalla de Bóveda ao Burgo. Segundo anunciou Carmen Basadre, nesta edición tamén se volven ofertar rutas, neste caso unha fluvial, polo Rato, Termas e Catedral, o 28 de maio, e outra polo río Azúmara-Castro de Viladonga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com