O concurso de disfraces infantil do Entroido no caso de choiva realizarase nunha carpa na Praza Maior

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que en caso de choiva os participantes no Concurso de Disfraces Infantil que terá lugar mañá sábado 14 de febreiro concentraranse ás 17:00 horas na carpa instalada na Praza Maior diante da Casa do Concello.

Desta maneira, en caso de choiva, modificarase o programa que ten previsto saír dende o Mercado Municipal de Abastos e que pasaría pola Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e rematando na Praza Maior.

@010lugo

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com