O concurso Nacional Hípico de Saltos reunirá en Sarria a máis dun milleiro de persoas

Sarria acollerá esta fin de semana a máis dun milleiro de persoas no concurso Nacional Hípico de Saltos que se celebrará dende o 8 e ata o 10 de xullo e que será puntuable para a proba da ruta Astur-Galaica 2016.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón salientou que este tipo de eventos deportivos son fundamentais para promover a hípica entre os mais novos e achegala a todos os públicos. “Sarria será por uns días un auténtico referente do mundo do cabalo, por iso é necesario este tipo de iniciativas, xa que contribúen a fomentar o deporte e dinamizar a vila de Sarria”. Rivera Capón anunciou que xa hai máis de 200 inscritos nas diferentes probas, unha cifra que supón “un autentico récord de participación”. O organismo provincial fai unha aportación de 1.800 euros para o desenvolvemento desta actividade.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou tamén que a Deputación colabora dende o CENTRAD coa cesión de pezas elaboradas polos propios artesáns, que serán entregadas aos gañadores da proba. A Fundación TIC elaborara unha ampla reportaxe para difundir o evento a través das redes sociais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com