O Consello Xeral de Enfermería apoia as medidas tomadas polo Goberno Central

O Presidente do consello declarou que “o número de contaxiados disparouse nos últimos días e era de recibo tomar decisións drásticas que axudasen á contención da pandemia. No caso do lecer nocturno, sempre sostivemos que era un dos grandes problemas aos que nos enfrontabamos. Como profesionais sanitarios, xéranos preocupación a apertura de discotecas e locais nocturnos, porque o ambiente pode ser propicio para que as persoas baixen a garda”.

En canto á prohibición de fumar, “xusto esta mañá expresamos o noso parabén aos gobernos de Galicia e Canarias e, agora, aplaudimos a decisión do Executivo de Pedro Sánchez porque existen evidencias de que o SARS- CoV-2 propágase con maior facilidade co fume do tabaco e a súa prohibición reducirá esta transmisión. Son medidas necesarias, pero non debemos deixar de observar e analizar como evoluciona a situación. O virus segue connosco e non podemos baixar a garda. A poboación debe estar informada e debe ser responsable. Non deben esquecer, baixo ningún concepto, as tres premisas para frear a pandemia: máscara, distancia física e lavado frecuente de mans”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com