O Consello Xeral de Enfermería querelase contra o presidente do Goberno e o ministro de Sanidade

O Consello Xeral de Enfermería presentou unha querela ante a Sala do Penal do Tribunal Supremo contra o presidente do Goberno e contra o ministro de Sanidade e varios cargos do seu departamento, concretamente a directora xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, a subdirectora xeral de Promoción da Saúde e Vixilancia en Saúde Pública, a subdirectora xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral e o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.

Esta querela vén sumarse ás diferentes actuacións penais que foron interpoñendo varios Consellos Autonómicos e colexios provinciais de Enfermería de todo o estado, “contra a xestión das diferentes autoridades sanitarias provinciais e autonómicas, gobernadas por diversos partidos políticos: Somos enfermeiros e enfermeiras e a única motivación que nos move é a saúde de todos os profesionais sanitarios e a seguridade os nosos pacientes e dos cidadáns en xeral, que están por encima de ideoloxías ou partidos políticos”, afirma Florentino Pérez Raia, presidente de Consello Xeral de Enfermería.

Un delito contra a seguridade dos traballadores

Na querela presentada polas enfermeiras impútase un delito contra a seguridade dos traballadores (art. 316 do Código penal), conforme ao cal se castiga a quen “con infracción das normas de prevención de riscos laborais e estando legalmente obrigados, non faciliten os medios necesarios para que os traballadores desempeñen a súa actividade coas medidas de seguridade e hixiene adecuadas, de forma que poñan así en perigo grave a súa vida, saúde ou integridade física”.

Logo dunha serie de investigacións previas, o resultado final das mesma “levou ao Consello Xeral de Enfermería á decisión á querela na que se realiza un amplo relato dos feitos, acompañado de abundante documentación que explica como, coñecendo o Goberno e o Ministerio polo menos desde finais de xaneiro a existencia e o alcance da gravidade do virus, non se puxeron en marcha as actuacións necesarias para dotar aos profesionais sanitarios dos medios e materiais de protección necesarios, ao que hai que engadir a entrega de materiais defectuosos (como máscaras) ou os test sen a fiabilidade suficiente”.

Palabras descoñecidas

  • Copiar

 

Novas relacionadas

  1. Jose Luis Alf
    Abr 24, 2020 - 02:46 PM

    Es que Feijo es el jefe y le tendrán miedo

    Reply
    • Luis Díaz
      Abr 24, 2020 - 03:20 PM

      No tengo nada en contra de las/los enfermeros, todos mis respetos, sí en que la parte más derechista del colectivo se posicione contra un gobierno que (igual a todos) la actual situación le desborda.

      Reply
  2. Luis Díaz
    Abr 24, 2020 - 12:29 PM

    A ver listos (¿apolíticos?) Por qué no dirigís la queja a nombre de Alberto Nuñez Feijoo, Isabel Díaz Ayuso, etc.etc. Profesionales de la sanidad y no sabéis que el estado tiene transferidas las competencias en dicha materia a las Comunidades Autónomas? . Se ve que también os apuntáis al carro de la moda de todos contra este gobierno.

    Reply
    • Furgalla Rauda
      Abr 24, 2020 - 01:25 PM

      Luis Díaz Si o goberno acaba de chegar, o virus leva meses .
      Cando a xente acudiu con catarros dor de gorxa ,tos seca dor de peito e febre,
      …….¿ Que lles dician.???
      E un virus, non sabemos cal pero é un virus .
      Asique o mellor o problema tamen está no mal diagnóstico.

      Reply
    • Luis Díaz
      Abr 24, 2020 - 01:29 PM

      Furgalla Rauda Sí, un virus descoñecido,e moito “profesional” xa coñecido.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com