O Contencioso-administrativo dá a razón á Deputación fronte aos recursos do Concello de Guitiriz

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, deu conta hoxe trala Xunta de Goberno Local, da sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Lugo, que inadmite a trámite o recurso presentado polo Concello de Guitiriz en relación coas actuacións levadas a cabo no cadro eléctrico da rúa Deputación.

O xuíz conclúe que dito recurso non pode ser sequera admitido a trámite, posto que este non está lexitimado para recorrer, pois non presentou xunto coa demanda un ditame do secretario do Concello sobre a viabilidade legal da acción, requisito este esixido por Lei, ao tempo que a notificación recorrida non pode ser impugnada ao tratarse dun trámite administrativo.  A sentenza obriga ao Concello, ademais, a facerse cargo das costas xudiciais.

Manuel Martínez:

Na Xunta de Goberno celebrada hoxe tamén se aprobaron outros asuntos, entre eles o inicio do proceso de contratación de dúas obras incluídas no POS 2015, dotadas con 1,2 millóns de euros. Son as destinadas á mellora das estradas de Feira do Monte a Muimenta, no Concello de Cospeito, e a de Momán ás Pontes por Porto Souto, no concello de Xermade.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com