Máis dun cento de veciños do Corgo de todas as idades achegáronse hoxe a Lugo, concretamente aos Codex Cinema, para o visionado do filme de Oliver Laxe, O que arde, protagonizado pola veciña da vila corguesa, Benedicta Sánchez.
Unha actividade programada e financiada polo Concello do Corgo para apoiar á súa veciña nesta nova andandura e que se reforzará coa aprobación, no vindeiro pleno municipal, dunha proposición para que o Centro de Día da localidade reciba o nome de Benedicta Sánchez.
A pesares de que o Concello pretendía, nun primeiro momento, proxectar o filme na localidade, “tras falar co propietario dos cines vimos que había a posibilidade de vir aquí”, explicou Felipe Labrada.
A protagonista do filme que está nominada a un Goya a mellor actriz revelación acudiu, por segunda vez, aos Codex acompañando a 126 dos seus veciños que deixaron as butacas da sala enchidas de orgulla por ter, ao lado da súa porta, a unha muller tan espectacular.
O alcalde que se amosou ledo da boa acollida entre a veciñanza desta actividade tamén tivo palabras de agradecemento para unha Benedicta que acudiu a todas as propostas que lle fixeron desde o Concello como visitar aos maiores do Centro de Día.
Xan 02, 2020 - 08:49 PM
que pena de non poder vela cando se estrenou , a ver si co tema dos Goya volven a proyectala
Xan 02, 2020 - 10:03 PM
Nos Codex Cinema síguena proxectando… Comproba os horarios na sua web que de seguro poderás vela pronto
Xan 02, 2020 - 10:13 PM
Xornal de Lugo gracias pola información , así farei