O Corre con Nós solidarízase cos refugiados de Siria recollendo produtos de primeira necesidade

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e unha representante da Plataforma En Rede SOS Refuxiados, Laura Aldariz, presentaron este xoves no Salón de Plenos a vindeira proba da 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós 2016, que se celebrará este domingo, 17 de abril, no Paseo de Ombreiro. Aproveitando esta proba, Concello e SOS Refuxiados piden a colaboración dos participantes para que aporten e donen produtos de primeira necesidade para os refuxiados sirios. Na zona da meta estarán membros desta plataforma cos seus medios agardando recoller o máximo posible, para enviar os recursos o 27 de abril dende o Porto de Barcelona ao Pireo.

Durante o acto, Fernández fixo fincapé no caracter solidario que pesa sobre a carreira do vindeiro domingo ao tempo que destacou a gran oportunidade que supón o Corre con Nós para promover os valores do deporte.

Pola súa banda, Ana Abelleira convidou tanto aos participantes do Corre con Nós como aos asistentes, a aportar, dentro das súas posibilidades, o que poidan para estas persoas que realmente o están pasando mal. “Europa non ten dereito a comerlles esos dereitos humanos que tanto custou alcanzar, dereitos nos que agora estamos vendo como se retrocede”, concluíu a edil.

Aldariz fixo fincapé na función benéfica desta proba e quixo lembrar os últimos envíos realizados ao Pireo, uns dezaseis palés de alimentos e roupa.

Saídas

Trátase dunha competición que terá un recorrido de 6 quilómetros para os adultos e entre 340 metros e 2 quilómetros para as categorías infantís, e na que participarán preto de 2.900 corredores. A carreira partirá do aparcadoiro da canteira próxima ao estadio de fútbol Anxo Carro entre as 12:00 e 12:30 horas para a categoría mini (nados no 2010 e 2011), a categoría A (nados no 2007, 2008 e 2009), B (2004, 2005 e 2006) e C (2001, 2002 e 2003). Ás 12:45 horas terá lugar a saída para a categoría adulta.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase na tenda de deportes Ndorfina Sport, na praza de Campo  Castelo, ata o sábado 16. Máis información en www.lugo.gal

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com