O creador lucense Brian Rodríguez acada o premio Vicente Risco a Mellor Guión

A curtametraxe Maullidos de látex, do lucense Brian Rodríguez Cortiñas, seleccionada para formar parte da competición oficial do Festival RIR–Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz fíxose co Premio Vicente Risco ó Mellor Guión. Esta decisión foi tomada por un xurado composto pola actriz María Costas, o periodista Moncho Lemos e os directores Miguel Ángel Lamata e Juan Hervella-Rego.

Brian Rodríguez acudiu á gala de entrega de premios que se celebrou este sábado 8 na Casa da Cultura de Allariz. A organización do festival preparou unha sorpresa cando o lucense subiu a recoller o premio, nese momento apareceu un home cunha máscara de gato idéntica á que leva o protagonista de Maullidos de látex e deulle unha aperta ao director.

Maullidos de látex, curtametraxe co- protagonizada por Javier Miranda e Olalla Caamaño, comeza desta maneira a
súa andaina polo circuíto de festivais. A curtametraxe, que conta a historia dun home que un día se pon unha máscara de gato e non a volve a sacar, está filmada coas formas estilísticas propias dos vídeos informativos dos medios dixitais. A curta foi realizada, coma é habitual nas curtas de Brian Rodríguez, de man da asociación lucense Juan Casaveteiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com