O CV Emevé, campión da Copa Príncipe

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este sábado na entrega da XII Copa Príncipe de Voleibol ao CV Emevé. O club lucense proclamouse campión do torneo o pasado fin de semana no pavillón La Granadilla de Badajoz, despois de derrotar ao Mediterráneo Castellón (1-3) na final. O Goberno da Deputación colabora con esta entidade cunha achega de 116.500 euros para contribuír a sufragar os gastos derivados da tempada. Así, o Executivo decidiu incrementar a achega anual que recibe o club ata os 91.500 euros, concedendo ademais ao club un premio de 25.000 euros polos éxitos deportivos acadados na pasada tempada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com