O delegado da Xunta amosa a súa sorpresa por unhas declaracións de Lara Méndez

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, amosou a súa sorpresa pola reacción da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na que “cuestiona a idoneidade do material de protección contra a coronavirus remitido pola administración autonómica (mascarillas, luvas, traxes entre outros) aproveitándose dunha incidencia detectada nunha pequena parte dese material que a Xunta comprometíase a substituir de inmediato”.

O delegado lamenta que “a alcaldesa pretenda facer un uso político dunha cuestión menor, e inmediatamente corrixible, tal e como se lle comunicou tanto telefónicamente como por escrito á concelleira de Benestar, Olga López”.

De feito “o Concello de Lugo tiña no seu poder unha petición da Xunta para que revisase o material recibido, ante a posibilidade de que unha pequena parte das mascarillas FFPP-2 remitidas tiveran superado a súa vida útil. Este erro totalmente involuntario, foi debido a que unha mínima parte destes stocks procede de aportacións privadas. Nese caso a Xunta comprometíase á súa substitución inmediata”.

A sorpresa vén dada en que a concelleira asegura,” tamén por escrito, que non puido revisar ese material pero que se compromete a facelo no dia de mañá e a facer chegar á Xunta se advirte calquera incidencia, e mentres tanto a alcaldesa acude aos medios de comunicación a desvirtuar e restar valor o apoio da Xunta e a aproveitarse dun erro corrixible e involuntario”.

Para Balseiro “O que pretendía a Xunta era axudar ao Concello de Lugo e, ao seu persoal municipal, que en días pasados demandaba máis equipos e medios de protección, e o que recibe a Xunta é un uso político dun erro subsanable”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 03, 2020 - 01:07 PM

    Pois os berros a esta altura da película non son admisibles, parece que non queredes enteré raros da gravidade da situación, e non digo que non poda habelos, por que humanos somos. Pero hay que evitarlos.
    E de Larita que se pode esperar, a mínima que ten, e sen medir as consecuencias e os danos colaterais, xa vai a campanear a prensa, xa sabemos que é o dela. Pero en fin e máis importante espanholear, que mirar as necesidades do pobo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com