O delegado do Goberno Pedro Blanco, presidiu este xoves diante do Concello de Lugo o acto de benvida a 109 axentes e inspectores da Policía Nacional que se incorporan en prácticas ás comisarías galegas. Tamén asistiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o xefe Superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto; as subdelegadas do Goberno en Lugo e na Coruña, e o subdelegado do Goberno en Ourense.
Ademais de darlles a benvida, o delegado do Goberno felicitou aos máis de 100 policías por superar unhas esixentes probas selectivas e a parada obrigatoria na Escola de Ávila. Son 82 os/as policías en prácticas que chegan á Comunidade para desenvolver o seu período de prácticas obrigatorion, 58 homes e 24 mulleres, que se van a incorporar ás distintas comisarías da Policía Nacional segundo este reparto: 15 na Coruña; 6, en Ferrol-Narón; 16, en Santiago de Compostela; 4, en Ribeira; 6, en Lugo; 7, en Ourense; 8, en Pontevedra; 12 en Vigo-Redondela; 4, en Vilagarcía de Arousa e 4 policías na comisaría de Marín.
Blanco, reiterou hoxe en Lugo a vontade do Goberno de continuar aumentando as plantillas policiais en Galicia,que contan na actualidade con case 9.000 axentes de Policía Nacional e Garda Civil, “a maior cifra de efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado da historia e máis dun 7% superior á que tiñamos cando chegamos ao Goberno en 2018
O delegado puxo en valor as medidas levadas a cabo para favorecer a incorporación das mulleres aos persoais policiais. “Esta promoción supera xa un 30% de mulleres e o noso compromiso é seguir apostando para que os persoais policiais reflictan a realidade demográfica do noso país”, apuntou. Neste senso, avanzou que a convocatoria deste ano será a primeira da historia que non teña un límite de estatura, unha barreira de cristal que limitaba este avance.