O delegado territorial da Xunta presenta ao novo director do CAPD de Sarria

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá o Centro de Atención a Persoas Con Discapacidade de Sarria (CAPD) e presentou ao seu novo director, Luís Pardo Fernández, que hoxe tomou posesión.

Luís Pardo é diplomado en Enfermería pola Escola Universitaria de Lugo con especialidade nas áreas de xeriatría, urxencias e emerxencias. Na actualidade viña desempeñando funcións de enfermería no servizo de radiodiagnose do Hula. Entre os anos 1999 e 2004 foi presidente do Padroado da residencia de Sarria.

Balseiro lembrou que o obxectivo xeral do centro é garantir a asistencia básica que permite proporcionar o maior benestar e calidade de vida posible aos residentes, con discapacidade psíquica ou intelectual. Desenvólvese unha atención individualizada que incorpora diversas iniciativas de estimulación cognitiva, sensorial e/ou física e facilitan a adquisición de habilidades sociais, entre outras.

O delegado territorial aproveitou ademais a visita para gabar a profesionalidade do persoal do centro e o compromiso da consellería de Política Social coa mellora  continua do mesmo. Neste sentido, lembrou que a Xunta leva investidos preto de 189.000 euros en obras e equipamentos no último ano neste centro, especialmente na mellora das instalacións.

O CAPD de Sarria dispón de 120 prazas para persoas con discapacidade intelectual e un total de 172 traballadores compoñen o seu cadro de persoal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com