O Deputado do BNG Xosé Luis Rivas “Mini” nun acto no Incio

 O Parlamentario do BNG no Horreo, Xosé Luis Rivas “Mini”, participou nun acto no concello do Incio para falar sobre a problemática que se está a dar pola expansión da Avespiña do Castiñeiro e da Vespa Velutina. Ademais tamén se expuxeron cuestións relativas ás medidas de prevención do lume impostoas pola Xunta de Galiza que “descargan sobre os concellos a responsabilidade de manter unhas franxas de protección que, por si mesmas, non son a solución por que é preciso mudar a política de prevención do lume” explicou Mini.

 O voceiro do BNG no Incio, Antonio Montero, expuxo as repercusión destas pragas nun concello como o Incio onde o mel e a castaña son un importante recurso que “debería contar co apoio da administración para a súa posta en valor e aproveitamento de cara a fixar poboación e incrementar a renda percàpita do concello”. Para o BNG “tanto a Xunta como o concello teñen a obriga de poñer en marcha plans de información e formación sobre a invasión da Avespiña do Castiñeiro e a Vespa Velutina” ademais “xa se deberían estar programando programas de trampeo de cara ao mes de setembro que contribuan a loitar contra a expansión da Velutina”.

 Xosé Luis Rivas “Mini” lembrou que o BNG propuxo, no Parlamento, medidas eficaces para controlar a expansión das especies invasoras e para mudar a política de prevención de incendios. Ademais o BNG está a impulsar en diferentes concellos iniciativas para que se tomen medidas “eficaces” no control da Velutina e na adopción de medidas contra os lumes forestais. Rivas criticou a actitude do PP na Xunta que “non está a tomar en serio a incidencia e repercusión tanto da expansión da Velutina como da Avespiña do Castiñeiro que están a producir serios danos económicos no sector da castaña e da apicultura”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com