Martínez recibe unha denuncia de Suplusa

Manuel Martínez, deputado non adscrito na Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, recibiu unha denuncia “presentada ante o xulgado do mercantil polo presidente da Deputación e outro deputados ante o acordo acadado para a modificación dos estatutos de dita Sociedade”.

O alcalde de Becerreá declarou que “o presidente non só non cumpre o compromiso de convocar a reunión da Xunta Xeral, senón que agora decide demandar aos membros do consello que votamos a favor para o cambio de estatutos; cuestión perfectamente reglada xuridicamente ao tratarse dunha entidade con personalidade xurídica propia”.

Martínez considera que “se trata dun despropósito sen precedentes, co que o goberno provincial só pretende alongar prazos e seguir enredando. O que ten que facer o presidente é exercer a competencia que ten atribuída por lei: facer cumprir os acordos, e senón que se vaia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com