O deputado Ramiro Moure eloxia as iniciativas que poñen en valor o mundo rural

O deputado de Formación, Participación Cidadá e Novas Tecnoloxías, Ramiro Moure, defendeu esta mañá a necesidade de sacar adiante iniciativas como a de Son d’Aldea, coa finalidade de defender o mundo rural, unha idea base coa que traballa a Deputación de Lugo que ten un compromiso de potenciación e dinamización do rural tanto como fonte de riqueza como medio de vida.

Moure participou esta mañá na presentación dunha nova edición da iniciativa Son d’Aldea, que dende fai cinco anos se celebra en Santiago de Albá (Palas de Rei), co obxecto, segundo explicou Moure, de “lembrar e dar a coñecer a cultura tradicional do rural, así como de mostrar as posibilidades de futuro que ofrece aos cidadáns”. No

O evento realizarase en dúas xornadas: unha de reflexión que se celebrará o venres día 4, a partir das 17:00 horas, centrarase en novas experiencias de vida no rural contadas polos seus protagonistas; a do sábado día 5, permitirá aos visitantes volver ao pasado e recordar as experiencias da vida na aldea durante os anos 50 e 60, a través da celebración dun roteiro teatral. Levarase a cabo coa participación de máis de 100 persoas da aldea, coordinadas por Metátase Teatro, e nesta ocasión o fío condutor e temático será o de ‘mocear’,  a través de diferentes escenas que se amosarán en 14 escenarios diferentes. Esta iniciativa tamén permite dar a coñecer os produtos autóctonos da zona que se degustarán durante un xantar na aldea. A maiores, haberá mostras de oficios artesáns así como de artesanía alimentaria.

Por último, Moure manifestou a colaboración da Deputación na promoción e difusión deste tipo de iniciativas que ofrecen as posibilidades da zona e para iso a Fundación TIC implicarase na elaboración dun vídeo que recollerá imaxes da programación prevista para os dous días.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com