O deseño da tenda “El Edén del Paladar” gaña o concurso de escaparates

O Concello de Lugo deu a coñecer hoxe os nomes dos establecementos gañadores do concurso de decoración de escaparates e establecementos convocado polo goberno local en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo. Un certame que ten o obxectivo de “promover a creatividade dos empresarios de xeito que os seus establecementos sexan máis atractivos e fomenten o espírito do Nadal” tal e como explican dende o Concello.

Un xurado profesional foi o encargado de fallar o concurso, concedendo o primeiro premio ao establecemento comercial El Edén del Paladar, que recibirá 800 euros, quedando deserto no caso dos locais de hostalería. O segundo premio foi para o establecemento Pan de Plata, gañador de 400 euros; e o terceiro, de 200 euros, foi para o comercio Dímelo con flores. Todos os locais premiados recibirán tamén un diploma.

O xurado estivo composto polo fotógrafo José Luis Rodríguez (Pradero); o escaparatista e mestre desta materia no CIFP As Mercedes, José Manuel Castro; e a mestra da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Carmen Fernández. Valoraron os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade, a utilización de elementos da propia actividade e a ornamentación e a vistosidade do traballo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com