O Día da Patria escenifica o futuro do espazo nacionalista

Este vinte e cinco de xullo quedou explícita en Compostela a situación na que se encontran as diferentes formacións galegas que se reivindican nacionalistas. Despois dun longo tempo de acción política conxunta das diferentes lecturas do nacionalismo, todo  lembra que  volvemos estar na “casilla” de saída; isto é  a  finais dos anos setenta. Tamén naquel tempo cada quen tiña as súas propias siglas e a súa propia organización. E aínda que a acción conxunta chegou  a onde chegou e acabou como case ninguén quería que acabara, non debe isto provocar frustración na xente, porque este pobo non se pode permitir ese luxo. De novo o futuro do país vai estar, como non podería ser doutro xeito, nas súas mans. Nestes intres, se cabe  máis que nunca, deberemos estar preparados para saber con claridade quen é quen e que fixo e fai cada quen. Isto será de capital importancia para que o electorado se faga unha composición da realidade política na que estamos inmersos á vez que  toma boa nota de todo o que digan e fagan todas e cada unha das formacións políticas que lles pedirán o voto nas eleccións do outono. Agora si, estamos chegando ao momento da verdade.

Por que non hai que esquecer que este Día da Patria de 2016 non foi un máis,  hoxe púxose en marcha un tempo no que pode que mude todo para sempre.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com