Mañá, mércores, Día de Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar en Aspnais o acto central desta xornada na capital lucense. O acto celebrarase ás 12:30 da mañá, nas instalacións da Rampa de Claudio López, e terá carácter público.
Neste acto, despois do saúdo de benvida por parte dun representante de Aspnais, darase lectura ao manifesto do Día de Rosalía por parte de Isidro Novo e Antonio Reigosa, representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e usuarios de Aspnais farán lectura de poemas de Rosalía de Castro. Os asistentes ao acto poderán tamén sumarse ás lecturas de poemas. A parte musical correrá a cargo de Branca Villares e Pablo Pintor. Coincidirá o inicio deste acto co remate dunha das visitas que Aspnais está organizando para que se coñeza mellor a súa actividade, recorrendo os diversos talleres que nas Arieiras e Rampa de Claudio López ten a entidade. Os asistentes a esta visita poderán incorporarse de seguido a esta actividade que a Asociación de Escritores en Lingua Galega quixo celebrar en Aspnais con motivo de celebrarse este ano os primeiros cincuenta anos da Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo. Invítase a esta celebración a todos os lucense