O dianteiro Pablo Caballero asina unha tempada máis no Lugo

Pablo Caballero (Totoras, Arxentina, xullo de 1986) continuará no CD Lugo unha tempada máis. O club trasladou ao dianteiro o seu vontade de exercer a opción de ampliar un ano máis a súa vinculación co CD Lugo, estipulada no contrato do xogador, polo que Caballero será un dos integrantes do equipo da tempada 2015-2016.

Tras asinar polo CD Lugo en xaneiro deste ano, Pablo Caballero disputou un total de 14 encontros da Liga Adelante nos que marcou sete goles. Con anterioridade ao CD Lugo, Caballero formouse en Racing Club (Arxentina) e tamén xogou en Tigre (Arxentina), Guaraní (Paraguai), Almirante Brown (Arxentina) e Qingdao Jonoon (China) antes de regresar ao seu país para xogar con Ferro Carril Oeste.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com