O dique da Fábrica da Luz segue sen unha solución definitiva

“A situación actual das obras de recuperación da Fábrica da Luz  no caneiro é a peor de todas as posibles”. Así de contundente se amosou este domingo o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen lembrou que o Concello leva esperando dende un ano a que Xunta e Confederación resolvan a paralización das obras, as mesmas que eles autorizaran.

“A falta de resposta da Xunta e da Confederación chega a tal punto que non son capaces entre eles de determinar se se legaliza e autoriza o dique que a adxudicataria levantou no río, que estaba proxectado construír en 8 semanas, ou pola contra, o mandan retirar”, subliñou Piñero, ao tempo que asegurou que dada a situacón de estiaxe declarada o 17 de agosto pola propia Confederación Hidrográfica, “é agora cando o deben resolver”. Nesta liña o edil advertiu que de non aproveitar a estiaxe, o dique estará aí outro ano máis, e o Concello non se pode responsabilizar de que este inverno o dique aguante ou se desmorone, “porque non foi construído para un período tan logo, e é a Confederación a que ten que resolver”.

Respecto ao resto das obras da Fábrica da Luz, Piñeiro pediu depurar responsabilidades, posto que a “Xunta de Galicia no seu día informou favorablemente do proxecto e das obras nun espazo protexido por ter alto valor ambiental, e agora non deixa seguir porque en ambas marxes hai especies en perigo de extinión. Agora continúan a bloquear as obras pedindo ao Concello unha alternativa para protexer as especies”. “Danse conta da súa incompetencia e pretenden involucrarnos a nós”, manifestou o edil, ao tempo que lembrou que “tanto Xunta como Confederación están para resolver problemas, e en Lugo levan un ano creándoos na Fábrica da Luz”. Rematou

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com