O dispositivo de inverno da Deputación continúa a traballar en máis de 100 estradas da rede viaria provincial

O dispositivo de inverno da Deputación ao completo continúa despregado na rede viaria provincial, na que se están a rexistrar numerosas incidencias por mor da neve caída nos últimos días e o xeo, e que está a afectar a máis de 100 estradas da rede viaria provincial nas que 102 operarios e 52 máquinas están a traballar de xeito continuo.

De feito, nalgúns tramos da rede viaria comprendida nos Concellos da Montaña, como A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro ou Folgoso do Courel, a neve acumulada supera os tres metros, xa que esa é a altura das balizas de sinalización, que na mañá de hoxe apenas eran visibles.
Escoitamos ao voceiro provincial socialista Manuel Martínez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com