O Club Voleibol Emevé Lugo adicará o partido contra o Cajasol Vóley Dos Hermanas deste sábado 25N á loita contra a violencia machista. O encontro terá lugar ás 19.45 horas no Pavillón Municipal dos Deportes.
Hoxe tivo lugar a presentación do partido, á que tamén asistiu o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, que felicitou ao Club lucense por visibilizar e reivindicar na pista un ano máis a violencia contra as mulleres. Fixo fincapé que “o Emevé é un club que educa en valores, favorecendo a igualdade, pero tamén a leva á práctica, porque naceu sendo exclusivamente feminino e medrou dirixido por mulleres”.