O Emevé dá o pistoletazo de saída á tempada 2018/2019

Este fin de semana, o Emevé dá o pistoletazo de saída no Pavillón Municipal de Lugo á tempada 2018/19 de Voleibol. Os actuais campións de Copa Príncipe comezan a liga xogando en casa contra o recentemente ascendido equipo  galego, o Club Voleibol Calasancias da Coruña ás 17:00 horas. Parten como favoritos neste primeiro duelo galego, pero isto teñen que demostralo na pista.

Diego Taboada, ten un claro obxectivo esta tempada, e é mellorar a anterior, podendo ascender de categoría para a próxima campaña. Para iso, será unha boa forma, comezar gañando na casa este fin de semana para ir abrindo boca co San Froilán.

O posible septeto titular: Pablo Villar, Manuel Branco, Anass Anzaui, Victor Bouza, Chema Giménez, Pedro Sánchez e Mario Dovale ( Líbero). Adrián García, Jordi Ferreiro, Rubén López e Guillermo Avendaño atoparanse no banco. Este fin de semana, tamén dan comezo as ligas Galegas de categorías inferiores.

O sábado, o conxunto Infantil Feminino, viaxa a Monforte de Lemos para medirse ao Korbis ás 11:00 no Pavillón Municipal de Monforte.

O domingo no Pavillón Casa do Deporte de Lugo xogan as diferentes categorías:

10:00 CADETE MAIS _ EMEVE vs VOLEIBOL LUGO

10:00 2ª INFANTIL FEM_ EMEVE vs ZALAETA

12:00 CADETE FEM _ EMEVE vs ZALAETA

12:00 XUVENIL MAIS_ EMEVE vs KINESISS FISIOTERAPIA OLEIROS

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com