Os dous conxuntos do Club Voleibol Emevé, viaxan este fin de semana ás Illas Baleares para dar fin a unha das tempadas máis exitosas do club lucense, e na que aínda queda a posibilidade de ascender á liga Iberdrola por parte do conxunto feminino se gañan o partido correspondente do fin de semana.
Os mozos de Diego Taboada viaxan ás illas para xogar o sábado ás 17:00 horas contra o Podes i Tales CV Manacor no Pavillón Poliesportiu Na Capellera, que se atopa segundo na clasificación dos play offs e a un paso de ascender á máxima categoría. Os lucenses loitarán para poder conseguir unha vitoria a domicilio no final de tempada para quedar cun bo sabor de boca, despois dunha gran tempada: Campións de Cópaa Príncipe e Campións de Liga Regular. O probable septeto inicial: Antonio Mondejar, Pedro Sánchez, Chema Giménez, Adrián García, Boris Rodríguez, Manuel Blanco e Mario Dovale ( Líbero). Como reservas: Pablo Villar, Guillermo Avendaño, Guillermo De Marcos, Álvaro Bustos e Unay Larrañaga.
O conxunto feminino, enfróntase este fin de semana á súa última batalla para conseguir a praza na categoría elite. As lucenses enfróntanse ao JS Hotels Ciutat Cide ás 16:15 horas no Polideportivo Cide. As lucenses viaxan con todo, sabendo que este partido hai que gañalo para conquistar a segunda praza dos play offs. Jose Vale, contento xa co traballo das súas xogadoras nesta tempada, quere culminar a liga da mellor das formas. O probable septeto inicial: Carmen Saa, Laura Villasante, Lucía Prol, Alba Pizarro, Irene Yáñez, María Aguiar e Eliana González ( Líbero). Como reservas: Paula Lorenzo, Julia Paradela, Aitana Fernández e Ainara Burgo.