O Club de Voleibol lucense Emevé vén de presentar as renovacións máis importantes dos xogadores dos equipos de Super Liga Masculina e Super Liga Feminina 2. Entre eles, o equipo destaca a Lucía Prol, estrela na pasada Liga Iberdrola, e a María Rodríguez Sanjurjo, colocadora monfortina habitual nas categorías inferiores da selección española.
No bando masculino, a renovación máis destacada é a do receptor murciano, José María Giménez, asiduo tamén ás concentracións da selección española e que afronta xa a súa terceira tempada no club.