O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participaron hoxe nos actos con motivo do 35 aniversario do Club Voleibol Emevé, que tiveron lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
O Goberno da Deputación colabora con esta entidade cunha achega de 116.500 euros para contribuír a sufragar os gastos derivados da tempada. Así, o Executivo decidiu incrementar a achega anual que recibe o club ata os 91.500 euros, concedendo ademais ao club un premio de 25.000 euros polos éxitos deportivos acadados na pasada tempada co ascenso á Superliga e o trofeo de subcampionas da Copa Princesa. Campos Conde subliñou que “o Emevé é o equipo de referencia do voleibol da provincia e durante estes 35 anos sempre mantivo unha aposta decidida pola canteira, algo que sen dúbida é de admirar”.