Os traballos permitirán mellorar tanto a comodidade como a seguridade ao executar obras de rehabilitación do firme da glorieta da estrada N-6 na súa P. K. 493+800, no termo municipal de Lugo. Os traballos comezarán ás 8:00 h de mañá xoves 9 de xuño e finalizarán ás 8:00 h do venres 10 de xuño. Os citados traballos consistirán na reparación de fochancas e deterioros na sinfraestruturas. Con iso mellorarase tanto a seguridade do tráfico rodado. Para iso, realizaranse cortes e desvíos de tráfico que afectarán os vehículos que circulen pola mencionada estrada N-6 para incorporarse ás autovías A-6 e A-54, e aos que se incorporan á N-6 desde a A-6 e a A-54. Concretamente: • Durante o día, produciranse desvíos que se sinalizarán adecuadamente. Na noite de mañá xoves 9 ao venres 10, os ramais de saída das autovías A-6 e A-54 cara á estrada N-6 e os de incorporación desde esta cara a as mencionadas autovías permanecerán pechados ao tráfico. A continuación, achégase unha imaxe cos desvíos alternativos mentres dure o peche nocturno:
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.