O entendemento entre PP e BNG desbloquea varias obras no concello de Lugo

O tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo no día de hoxe unha xuntanza co delegado da Xunta en Lugo, “para poder realizar traballos que entendemos que é necesario coordinar entre as dúas administracións”. Segundo Arroxo, as cuestións principais son as relativas ás infraestruturas, “como é o caso das obras pendentes do Plan Paradai, como a rúa Serra de Meira ou a Calzada das Gándaras”.

Arroxo indicou que desde a área de Infraestruturas “queremos rematar as obras pendentes, na zona do Sagrado Corazón e das Gándaras”, e engadiu ”para iso entendemos que é necesario que desde a Xunta se rematen os compromisos adquiridos co Plan Paradai”. Rubén Arroxo declarou que tras esta xuntanza “inciaremos pola vía técnica os procesos para executar as obras pendentes desta zona da cidade”.

O concelleiro anunciou tamén que se iniciará o proceso para que a Xunta realice a cesión ao Concello da rúa San Eufrasio “para que así se poida facer a rotonda de enlace entre Fontiñas e a rúa San Eufrasio”. Ao respecto do colexio das obras do colexio do Sagrado Corazón, Rubén Arroxo declarou que “a Xunta está a construír o edificio e o Concello ten que urbanizar o entorno do colexio”, e engadiu que “analizaremos as diferentes posibilidades técnicas coa idea de reducir custos, tratándoo entre os técnicos de ambas institucións”.

No tocante ás obras de conexión eléctrica  do novo  auditorio o delegado da Xunta manifestou , “a Xunta de Galiza encargarase da conexión eléctrica, e o concello farase cargo de que unha vez isto esté solventado, realizar a recepción do auditorio”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com