O entorno do río Miño contará con cinco socorristas este verán

Dende este sábado un equipo de socorristas ocúpase das labores de vixilancia e salvamento nas zonas fluviais de uso recreativo da cidade, isto é, no entorno do río Miño. Para a contratación dos mesmos, o Concello fai unha achega autonómica de 15.000 euros.

Este equipo de salvamento, que está formado por cinco socorristas, está operativo de luns a domingo en quendas rotativas de mañá e tarde durante os meses de xullo e agosto.

Ademais dos recursos humanos, este servizo conta con dúas lanchas pneumáticas e un vehículo, así como diferentes equipamentos, entre os que se atopan desfibriladores, botiquíns, ou equipos de rescate.

Deste xeito, os socorristas ocúpanse de vixiar a seguridade dos bañistas e usuarios das beiras do río. Tamén comproban que o cauce do Miño se atope libre de árbores ou ramallos, que poidan obstaculizar o caudal da auga. Ademais realizan a limpeza do fondo do río, mergullándose polo mesmo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com