O equipo de drons de Axega súmase a busca do home desaparecido en Monforte

O equipo dos drons da Axencia Galega de Emerxencias súmase ao operativo de busca activado pola Policía Nacional tras a desaparición dun home en Monforte. Así, esta mañá, os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA trasladaron á localidade luguesa o equipo de drons para participar nos rastrexos que se realizará nun espazo acoutado pola Policía Nacional.

As últimas noticias que se tiveron do desaparecido foron o pasado día 4 de agosto, momento no que os axentes comezan a busca deste veciño duns sesenta anos de idade que pertence a unha asociación de persoas con discapacidade, pese a que dispón de autonomía e frecuentemente paseaba pola vila.

Ademais do equipo de drons da AXEGA, na xornada de hoxe, tamén colaborarán neste operativo os Bombeiros de Monforte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com