O equipo de Goberno aborda o seguimento do acordo programático

Logo da toma de posesión da nova alcaldesa e a reasignación dalgunhas áreas de xestión, o equipo de Goberno mantivo esta mañá unha reunión de seguimento do acordo programático para o mandato 2023-2027 na que evaluo os avances no proxecto de cidade e expuxéronse os retos de futuro.

Na xuntanza participaron, ademais da alcaldesa Paula Alvarellos e o tenente de alcaldesa Rubén Arroxo; Ana González Abelleira voceira municipal dos socialistas, e os concelleiros Miguel Fernández e Mauricio Repetto como representantes socialistas. Pola banda do BNG estiveron presentes, tamén, os concelleiros Alexandre Penas e Cristina López.

O documento, aprobado en xuño do pasado ano, que inclúe as liñas estratéxicas do executivo para impulsar “os servizos municipais e dar respostas aos grandes retos do municipio nos eidos da gobernanza, o urbanismo, o medio ambiente, as infraestruturas, a cultura, a economía, o turismo, o medio rural e o deporte, así como as políticas sociais”, foi a base desta xuntanza.

Entre os asuntos abordados hoxe, tratáronse: o cronograma de execución dos orzamentos municipais, as necesidades de persoal ou o progreso de proxectos como a creación da Zona de Baixas Emisións no centro histórico coa peonalización integral intramurallas. Tamén se trataron outrs asuntos como, “a mellora das conexións entre a contorna fluvial e a trama urbana no contexto da estarexia Muramiñae, a dinamización da economía dos barrios ou o grao de implantación da iniciativa Lugo Transforma”.

Durante a xuntanza, o equipo de Goberno tamén abordou as “débedas históricas” que ten a administración autonómica coa cidade: “construción de vivenda pública, mellora dos servizos públicos como a sanidade e a educación, cumprimento do Plan Paradai, zona pública de baño ou a rehabilitación integral do barrio da Tinería”,

Finalmente, a nova alcaldesa valorou o labor desenvolvido conxuntamente desde o inicio do mandato. “Facemos un balance positivo destes primeiros oito meses de traballo. Seguimos a impulsar o modelo de cidade sostible desenvolvido nos últimos anos, poñendo en marcha actuacións cunha clara proxección social e continuamos avanzado nunha transformación urbana que vira cara unha mobilidade alternativa  e a mellora da calidade de vida coa renaturalización dos espazos públicos, ao tempo que potenciamos un modelo produtivo ligado á economía verde co obxectivo de reter e atraer talento e crear emprego de calidade”, sinalou.

O tenente de alcaldesa, afirmou que “nos últimos anos desde o Goberno de Lugo traballamos para mellorar a imaxe do centro da cidade, pero seguimos a ver como a zona da Tinería continúa a estar nun estado de total abandono”.  “Desde o Goberno de Lugo continúanos a traballar nun proxecto de cidade claro e ambicioso”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “seguiremos para mellorar e transformar a cidade, facendo de Lugo un lugar mellor, cumprindo co mandato da veciñanza das últimas eleccións municipais”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com