O Espazo +60 Afundación de Monforte (r/ Cardeal Rodrigo de Castro, 18) acolle mañá, mércores 13 de marzo ás 17.30 h, a charla enmarcada en ‘Educación para a saúde’ que conducirá a educadora social Luisa Astray. Este encontro enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes encontrar nesta etapa vital novas oportunidades de medrar persoalmente e de seguir formándose.
Na súa explicación, a relatora abordará o incremento de patoloxías pulmonares en mulleres e a implicación de certos hábitos neste novo patrón. Ademais, trataranse cuestións como o tabaquismo e as afectacións cardiopulmonares del derivadas, así como os compoñentes sociais que tanto en homes coma en mulleres exercen de obstáculos para o abandono do tabaco.