O exemplo dos candidatos

Os candidatos á alcaldía de Lugo fixeron efectivo o seu dereito a voto pola mañá.
O máis madrugador foi o candidato da formación cidadá Lugonovo Santiago Fernández Rocha, que votaba ás 10:00 no Centro de Convivencia de Fingoi.
Pola súa banda, as 10:30, Jaime Castiñeira, alcaldable polo Partido Popular, fixo o propio no Edificio Administrativo do Concello acompañado polo ata de agora edil do Partido Popular Antonio Ameijide.
O candidato socialista, José López Orozco votou no Edificio de Sindicatos Lucenses en torno ás 11:00 da mañá.
Ata o colexio electoral situado no Edificio Administrativo de Obras Públicas achegáronse o candidato a Alternativa Cidadá de Esquerdas Carlos Portomeñe e Olga Louzao, número 1 pola lista de Cidadáns.
Ruben Arroxo polo BNG Asambleas Abertas fixo efectivo o seou voto no colexio electoral do Polígono do Ceao acompañado pola número dous da súa candidatura, Maite Ferreiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com