A XXVI edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz traerá á cidade de Lugo 19 concertos do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo. Os concertos e actividades terán lugar no Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, a Casa do Saber, e no bar Ho! Gruf.
PROGRAMACIÓN
Círculo das Artes.- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.
– O luns 14 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do guitarrista neoiorquino Jonathan Kreisberg.
– O martes 15 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, actuará o grupo Dean Brown Band.
– O mércores 16 de novembro ás 20:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do trompetista Jeremy Pelt, xunto ao pianista Victor Gould, o Contrabaixista Vivente Archer, o batería Jonathan Barber, e o percusionista Jacqueline Acevedo.
– O xoves 17 de novembro ás 20:30 horas actuarán Bruce Barth Trio & Jean Toussant.
– O venres 18 de novembro ás 20:30 horas terá lugar o concerto dos veteranos The Cookers.
– O sábado 19 de novembro ás 20:30 horas actuará o saxofonista Donny McCaslin, xunto a Jason Lidner, Mark Guiliana, e Jonatha Maron.
– O domingo 20 de novembro ás 20:30 horas actuarán o grupo Garufa Blue Devils Big Band.
Club Clavicémbalo.- A entrada a todos os concertos é de 5 euros.
– O venres 11 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do grupo Pocket Corner.
– O sábado 12 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do artista compostelán Alfonso Calvo con Ton Risco de convidado especial.
– O luns 14 de novembro ás 23:30 horas actuará o grupo Alfredo García Quintet.
– O martes 15 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto de Buxerío Trío que gañou o certame SGAE Galicia Creativa na súa categoría.
– O mércores 16 de novembro ás 23:30 horas actuará o contrabaixista Miguel Ángel Chastang.
– O xoves 17 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do sexteto de latin jazz español Tumbando a Monk.
– O venres 18 de novembro ás 23:30 horas actuarán 2M, composto por Pablo Sax F.Sinde e L.A.R.Legido. Ás 00:00 horas terá lugar o concerto do trompetista Colom, xunto a Roger Mas, Paco Charlín e Miguel Lamas.
– O sábado 19 de novembro ás 23:55 horas terá lugar o concerto de Los Hot Chocolate. Casa do saber do Campus Terra da USC.- A entrada a todos os concertos é libre ata esgotar as localidades.
– O luns 14 de novembro ás 20:00 horas actuará o grupo Maureen Choi Quartet.
– O martes 15 de novembro ás 20 horas terá lugar o concerto de Gorka Benítez, acompañado
de Dani Pérez e David Xirgu.
Ho! Gruf.- A entrada a todas as actividades é libre ata esgotar o aforo.
– O mércores 9 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase A film about kids and music dirixida por Ramón Tort.
– O xoves 10 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase Jazz history 1956-1960.The adventure, dirixida por Ken Burns.
– O mércores 16 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Calle 54 dirixida por Fernando Trueba.
– O xoves 17 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Paco de Lucia&Group live at the Germeringer Jazztage 1997, dirixida por Dieter Hens.
– O venres 18 de novembro ás 22:00 horas terá lugar unha Jazz Session por Sr.Blas.
– O sábado 19 de novembro ás 13:30 horas actuarán Paco Charlín e Marcos Pin. Pola noite, ás 22:00 horas, o Sr.Blas pinchará Blue Note.