O fin do Camiño

Este mércores, na fin do Camiño, inauguramos unha exposición sobre o fin do Camiño, en aparente xogo de palabras que ven ser proba da riqueza do noso idioma, con matices para todos os significados.

Sendo Camiño con maiúsculas, sabemos que falamos dos camiños que levan a Compostela, que agora son sete e poden ser setenta se aceptamos que os camiños a Santiago son todos aqueles por onde pasan peregrinos.

Falando de “a fin” do Camiño, referímonos necesariamente a Santiago, onde os Camiños rematan, xa que a fin en feminino fálanos da conclusión, término, do itinerario da peregrinación.

E falando de “o fin”, en masculino, trata do motor que move ao peregrino, do motivo da peregrinación, da causa que fai que alguén, en calquera lugar do mundo, se poña a camiñar, animado por un sentimento máis poderoso que a dor, o cansanzo, as inclemencias meteorolóxicas ou calquera dificultade física ou inmaterial.

A exposición que o colectivo Egeria inaugurou en lugar tan especial como a ermida de San Fiz de Solovio, onde apareceron as luces que anunciaban o sepulcro do Apóstolo, tenta explicar o casi inexplicable de cal é o motor que move ao peregrino, os sentimentos do camiñante, a ruta exterior que percorre ou a ruta interior que constrúe ata chegar ao seu destino e iniciar a viaxe de volta.

E isto, en galego, castelán e inglés, para que todos os peregrinos comproben -se eses son os seus sentimentos- que na fin dos Camiños a Compostela somos quen de comprender o seu sentir, xa que todos somos camiñantes na percura dun ideal –soño, ao fin- que só ao chegar á fin física se pode comprender o seu fin

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com