O incendio que se declarou pouco despois deste mediodía nas inmediacións do Hospital Universitario Lucus Augusti está xa controlado segundo anunciou o Servizo de Emerxencias. Aínda así, o fume xerado pola combustión segue a cubrir o ceo nas inmediacións da cidade.
O lume, que arrasou unhas nove hectáreas de matorral e bosque, causou tamén alarma entre os veciños que atopábanse nas inmediacións do hospital lucense, xa que a primeira hora da tarde varios vehículos foron retirados da zona ante o perigo que supoñía a proximidade do incendio.
Finalmente extinguíuse en torno as seis da tarde. A Xunta de Galicia facilitou dous axentes forestais, un técnico, cinco motobombas, seis brigadas e máis un helicóptero. Pola súa banda, o Concello de Lugo achegou axentes de Protección Civil, unha brigada municipal de incendios e ata o lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Local.