O funcionario, do que se soubo hoxe que esta infectado polo Covid-19, levaba mais dunha semana sendo tratado no seu domicilio con antibióticos, e non foi ata hai uns días que acudiu a facer as probas ao HULA, que lle fixeron no seu propio automóbil, as que detectaron a infección por Coronavirus. O doente, que permanece no seu domicilio, segue as instrucións indicadas.
