O GMPP afirma que a biblioteca da Piringalla non abrirá ate 2018

O Grupo Municipal do Partido Popular afirmou hoxe que “un novo atraso de polo menos outros tres anos para a apertura
da biblioteca municipal da Piringalla cuxas obras levan paradas dende abril de 2012″. Isabel Devesa explicou que “esta demora é consecuencia da nula xestión e o desleixo dos gobernos socialistas” animando a nova alcaldesa a que clarifique os seus plans sobre esta dotación.

A concelleira sinalou que previsiblemente “na xunta de goberno local que se vai celebrar mañá os socialistas veranse obrigados a repetir trámites realizados en xaneiro, porque se lle pasaron os prazos de entrega de documentación”. A concelleira popular refírese á incoación, por incumprimento das obrigas contractuais, do expediente de resolución do contrato administrativo realizado con ANTALSIS.S.L o 26 de xullo de 2010 (Cambio de estrutura prevista no proxecto; execución das unións da estrutura metálica en lugar de soldadas aparafusadas provocando deformacións escesivas en diversos elementos construtivos polo que precisa un reforzo).

Tamén se incoa a asistencia técnica asinada 7 de novembro de 2008 con GAU ARQUITECTURA Y URBANISMO relativa á redacción do proxecto técnico e dirección da obra de construción. Neste caso o incumprimento ten que ver coa autorización para modificar a estrutura considerada no proxecto inicial sen solicitar autorización ao Concello.

Devesa explicou que ao non estar de acordo as partes implicadas coa incoacción dos expedientes de resolución dos contratos administativos, acordada na Xunta de Goberno do 21 de xaneiro de 2015, o Concello está obrigado a solicitar informe preceptivo ao Consello Consultivo, “pero sorprendentemente ao Concello pásaselle o prazo de tres meses para realizar este trámite e de novo, sete meses despois, haberá que volver empezar todo o procedemento”.

A popular sinalou que “ao retrotraer todo o procedemento a construción de esta dotación volve estar na picota e animan a alcaldesa a tomar unha decisión sobre o seu futuro. A concelleira matizou “queremos que diga de forma clara cual é o seu proxecto se é que ten previsto reutilizar o esqueto metálico con deficiencias no os seus antecesores malgastaron os seus ben, se a súa aposta é a desmontar a estrutura e facer un novo proxecto partindo de cero”.

Os populares tamén queren saber se se vai dotar dunha partida presupostaria “xa que a nova licitación dos contratos para reaudar as obras non terá lugar como pronto ata o próximo exercicio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com