O GMPP alerta do progresivo deterioro da escola de Cabanas restaurada en 2009

O Grupo Municipal do Partido Popular alerta do progresivo deterioro que presenta a escola rural de Cabanas, na parroquia de Santa Comba. O concelleiro Manuel López Fernández solicitou ao goberno local a reparación urxente deste inmoble propiedade municipal lembrando que existe unha partida de 27.696 €, aprobada o 30 de xuño de 2014 para realizar estes traballos”.

López conminiou á alcaldesa para que, de forma paralela ás obras, decida quen e que uso queren dar a este edificio indicando que hai que ter en conta que “a parroquia xa ten local social propio”. A proposta do PP é “estudar a posibilidade de ceder estas instalacións á asociacións culturais, rurais, cinexéticas ou de pesca por un periodo e cunhas contraprestacións para o Concello de tipo educativo ou sociocultural”.

O edil popular destacou que “esta escola é outro dos patrimonios inacabados e enquistados que deixaron os socialistas aos veciños de Lugo”. López lamentou que” a estas alturas e logo de seis anos, segamos pagando as consecuencias de decisións inexplicables como a que tiveron os socialistas de arranxar en 2009 este edificio sen ter en conta que xa había na parroquia un local social e que se arranxou con 250.000 € do Plan E e que tampouco tiñan previsto para que a ían utilizar”.

Manuel López lembrou que a rehabilitación da escola de Cabanas e a de Labio se executaron ao abeiro dunha subvención concedida no ano 2009 pola Consellería de Traballo e Benestar, dependente da Xunta de Galicia, o que permitiu un  investimento de 485.080 euros.  Ningún dos inmobles se concluiu.

O deterioro desta escola de Cabanas en Santa Comba segundo os populares, salta á vista. “O edificio está sen portas e o seu único peche son unhas táboas e cun candado; o inmoble tamén carece de servizos, a escaleira quedou a medio facer e a  pintura xa escarchou. Outro problema que presenta é que podería deteriorar ainda máis o mal estado do edificio é a maleza que invade a parcela e que xa chega ata o 2º andar”.

Os populares tamén suxiren que se aseguren as árbores que hai nas súas inmediación “unha delas caeu e as outras dúas poderían correr a mesma sorte”, matizou López “se se desploman caerían riba da escola”.

Manuel López cre que” sería moito máis productivo para os lucenses que a alcaldesa Lara Méndez visite as obras que deixaron inacabadas os seus antecesores para ir pensando algunha solución xa que deixar aparcado o futuro de inmobles como esta escola rural empeorará o seu estado”.

(Na imaxe: escola de Labio)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com