O voceiro do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, amosou hoxe a súa sorpresa “pola inexplicable decisión adoptada polo goberno socialista de privatizar de forma íntegra a xestión do ciclo da auga”. O popular indicou que no transcurso da Comisión e, en resposta a unha pregunta do seu Grupo, o edil socialista responsable do servizo avanzou que “o modelo de xestión que implantará o actual gobeno socialista é pór en mans dunha única empresa privada a súa xestión”.
“Con esta manobra, os socialistas pretenden deixar sen funcións aos 23 traballadores municipais que están vinculados ao servizo para que se ocupen das súas tarefas traballadores privados”. Castiñeira explicou que desta forma se duplicarán funcións sen necesidade. O voceiro popular bota en falla “un informe riguroso para decidir o modelo de xestión que sería máis beneficioso” criticando que os socialistas “pregonen unha cousa e fagan despois a contraria” lembrando que foron “os gobernos do PSOE os que multiplicaron por cinco as privatizacións no Concello de Lugo”
Para o voceiro popular “é unha tomadura de pelo, que logo de 16 anos de intentonas para establecer o modelo de xestión máis idóneo para este servizo, se volva ao inicio do proceso”. Castiñeira insiste en que “é unha falta de respeto para os lucenses e que por riba nos custou máis de 12 M €”. Para realizar este cálculo os populares suman diferentes cantidades que aseguran “se poderían ter aforrado cunha planificación e rigor
Jaime Castiñeira afirma que hai pagos inxustificados como “os gastos indebidos como consecuencia dos pagos a empresas sen contrato (EDAR e ETAP), a duplicidade de funcións do persoal da antiga potabilizadora, ás inxustificables facturas de enerxía eléctrica por este último edificio sen uso ou incluso por asumir canons que correspondían a outras administracións.”
As dúas infraestruturas do ciclo da auga, a potabilizadora e a depuradora, que están sen contrato e polas que pagamos, ata a actualidade, con reparos de intervención a 30 de outubro de 2015 un total de 12.860.707M €. (ETAP dende que se extinguiu o contrato 26 de abril de 2011 pagaronse 5.515.122,36€ e pola EDAR, dende que venceu o contrato o 24 de novembro de 2011, acumulanse pagos con reparos por un importe de 5.490.748,23 €).
Os populares explican que se se licitasen os contratos, en tempo e forma, poderíanse aforrar preto de 2.5M€ aplicando o 20% das baixas. Os populares afirman que “á conta de malgasto do ciclo da auga hai que sumar os 3 M€ da duplicidade de funcións de persoal e o pago de facturas de electricidade na antiga potabilizadora, un edificio sen uso e no que se mantivo, durante cinco anos e medio, a un retén de operarios para vixiar a maquinaria”.
Castiñeira insistiu en que para ese persoal “que pasou dos 12 aos 4 empregados actuais, por mor das xubilacións, abonáronse 1.176.429 € durante tres anos e nos dous últimos 106.000 €. En 2011 eran 12 os empregados públicos asignados a estas dependencias, unha cifra que se reduxo ata os sete que prestaban servizos ata 2013, cando un deles se xubilou e outros dos pasaron a depender da área de Cultura. Na actualidade están 4 operarios”.
Os populares toman como base o importe que figuraba nunha factura de outubro de 2013 (14.456,66 euros), nunha das minutas con reparos de intervención aprobadas polo PSOE e BNG.
Tal como destacaban os técnicos municipais “la planta no está siendo utilizada para el bombeo de agua potable, por lo que aproximadamente el 80% del importe de la factura corresponde al término de potencia“. “Ao sumatorio hai que incorporar os preto de 1,5M€ que corresponden á limpeza de sumidoiros (150.000 € anuais) que se pagan a Urbaser, unha facturación que se podía aforrar asignándolles este traballo aos empregados da vella potabilizadora”.
Os populares incorporan á conta da xestión do ciclo da auga “os 4,5 millóns de euros que o Concello de Lugo inexplicablemente pagou, por un convenio asinado por Orozco coa Xunta do bipartito”. Castiñeira lembrou que o abono deste canon de mantemento da EDAR tiñao que realizar á administración autonómica e non a local.
Os populares esixiron ao goberno local que “dé os pasos necesarios para iniciar o expediente para a municipalización do servizo do guindastre. Jaime Castiñeira que mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes de CC.OO lembrou que o 30 de novembro remata o contrato deste servicio e descoñecese se o servizo vai seguir funcionando e quen o vai xestionar de forma provisional.